O galego é unha lingua románica. Xorde en torno ao século VIII como a evolución do latín falado na provincia de Gallaecia. Durante a Idade Media a lingua da Galiza e Norte de Portugal era a mesma. A perda gradual do poder político galego e a afirmación da identidade de Portugal centrada en Lisboa, vai contribuír á aparición das primeiras diferenzas (lingüisticamente menores), acentuadas por tomar camiños diferentes en séculos posteriores e pola presión que o español exerceu sobre lingua galega.

Galiza é un territorio situado no noroeste da Península Ibérica. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao leste coas comunidades españolas de Asturias e Castela-León.

A MESA pola Normalización Lingüística é unha asociación cidadá independente e plural fundada en 1986 para defender a lingua galega. Tanto polo seu número de asociados como pola súa actividade é a maior asociación cultural de Galiza e unha referencia social indispensábel no campo da normalización lingüística.

As nosas principais liñas de traballo son promover o uso do galego en todos os ámbitos da vida social, emprendendo iniciativas para sensibilizar a poboación e abrir novas oportunidades de uso da nosa lingua en varios eidos, así como defender os nosos dereitos lingüísticos, denunciando todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir o idioma galego e loitar para garantir que sexa respectado o dereito ao seu uso individual e colectivo.

Galician is a Romance language. Arises around the eighth century as the evolution of Latin spoken in the province of Gallaecia. During the Middle Ages the language of today’s Galicia and northern Portugal are the same. The gradual loss of galician political power and the Portugal identity’s affirmation centered in Lisbon will contribute to the emergence of the first differences (linguistically minor), accented by taking different paths in later centuries and by the pressure that the Spanish exert on Galician language.

Galicia is a territory located in the northwest of the Iberian Peninsula. Bordered to the north by the Cantabrian Sea, southern Portugal, to the west by the Atlantic Ocean and the east with the Spanish communities of Asturias and Castile-Leon.

A MESA pola Normalización Lingüística (Board for Linguistic Standardization) is an independent and plural civic association founded in 1986 to defend the Galician language. Both in terms of its membership and its activities, it is the largest cultural association in Galiza and an essential reference for society in the field of language standardization.

Our principal lines of work are promote the use of Galician language in all areas of social life, undertaking initiatives to sensitize the population and to open new opportunities of use of our language in various fields, as well to defend our language rights, denouncing all kinds of aggressions and discriminations that may suffer the Galician language and ensure that it is respected its individual use and collective.